Scroll para castellano
Subida do leite
Scroll para castellano
Relatos e información para calquera persoa interesada en saber un pouquiño máis de mamás, embarazos e bebés.
Scroll para castellano
Adoito dicir, cando me preguntan, que me flipa o que fago.
O que estou aprendendo a facer.
Antes de comezar esta aventura eu sabía que as mulleres eran fortes e que as mulleres eran exactamente igual de capaces de facer o que se propuxeran que un home, aínda con moitas trabas.
Non todas as mulleres tenen porque querer parir, nin ter fillos, nin dar teta,…
Nin moitísimo menos. Somos moitísimo máis que todo iso.
E esas mulleres tamén me flipan, non vos vaiades pensar.
O ser humano en xeral paréceme que pode ser “extraordinariamente extraordinario”. Para ben, e para mal. Pero prefiro centrarme no bó porque senon volveríame tola.
E busco amor todo o tempo dende que entrei nun hospital…e con isto non me refiro a que ande buscando marido ou muller polos pasillos.
Refirome a que cando a xente che di: “non sei como aguantades ver o que vedes” sempre pensó que é que non saben con que ollos miramos a maioría de nós.
Cando entras nun hospital ves enfermidade, desgracia, dor,… e aínda así decides quedarte e dedicar a túa vida a seguir estudiando sobre todo iso, e a velo cada día, a collerlles a man…tolos estaríamos se non tratásemos de darlle a volta. Se non puxéramos as gafas de mirar.
Nos hospitales sobra todo iso, pero aínda máis, sobra o amor. E máis que debera sobrar, que conste.
Hai centos de imaxes que teño grabadas na retina xa só das miñas prácticas na carreira. Somos tan vulnerables…
Vin tantos bicos de verdade…, dos que non son por compromiso. Vin chorar, chorar chorar, con lágrimas das que saen da alma e non do lagrimal… e esas lágrimas só as causa un sentimento moi profundo.
Cando perdemos a alguén a quen queremos, os sentimentos que afloran déixanos desnudos, espidos ante o mundo, e a dor máis grande provén sempre do amor máis grande.
E de grandes amores viven os paritorios.
Porque entre sudor, gritos, xadeos, e ata lágrimas nace a vida. Sigo citando a unha das mamás ás que acompañei dando a luz, porque me marcou: “La vida empieza entre sangre y mierda”.
E paréceme a frase máis bonita que escoitei ata agora…e tomarédesme por tola.
Nada ainda vin máis humano que un nacemento. Todo o que pasa aí dentro para min é maxia.
Vexo, en primeira plana, como unha vida respira por primeira vez, e como se forxa un vínculo indestructible entre a nai e o bebé.
Prométovos que estudei o mecanismo polo cal as células se fusionan, forman un embrión, un feto, un bebé… Tamén como é o parto, o que pasa aí dentro, como xira, como se engurra, como todo sigue un certo orde… E sígueme parecendo ciencia ficción. Pero da boa eh!
Encántame a fotografía, e dentro da fotografía, a miña favorita é a que me quedo eu para min, no meu cerebro, de todas as caras das mulleres cando ven por primeira vez abraiadas ás súas crías.
E desos país, que se marearon cando lle fun coller a vía á súa muller, pero apampaban para unha vaxina dando paso ó seu retoño. Costa procesar algo así imaxino…
É que fixéchedes unha persoa.
Enteira.
Vós.
E permitíchedesme ter por alí as mans para axudarvos a recibila.
“Tiñas razón, si que dan ganas de chorar”.
Si mas dan aínda ata a min, carallo!
Un tema que a muchas os preocupa y os trae por la calle de la amargura: ¿ES VERDAD QUE NOS HACEMOS CACA DURANTE EL PARTO?
Pues…normalmente, ¡si!
Y no pasa nada.
Resulta que para nosotras incluso puede ser útil!
¿Quieres saber por qué?
Mira el video, en castellano:
Haz “click” a la derecha del video para castellano.
Haz Click a la derecha del video para que salga en castellano.
Hoy me apetece contaros una historia que me ha contado la matrona con la que estoy aprendiendo estas semanas en el centro de salud, que me ha encantado.
Esta matrona lleva muchos años en el ejercicio de su profesion, por lo que ha vivido muchísimos cambios y no sólo me está formando, también me cuenta muchas anécdotas e historias que ha vivido, algunas muy curiosas, como esta que quiero compartir con vosotras.
¡Nunca se me había ocurrido pensar en lo que pasaba con las mujeres que vivían en islas que se quedaban embarazadas antaño!
Resulta que en Galicia, por las particularidades de nuestra geografía, teníamos que ocuparnos de un asunto en aquella época en la que las comunicaciones no eran tan sencillas.
La Illa de Arousa, con sus 36 kilómetros de costa, situada en la provincia de Pontevedra, hasta el año 1985 no estaba unida a la Península Ibérica, por lo que los viajes se tenían que realizar en barco.
Los gallegos lo sabrán, y a los y las de fuera os lo voy a contar: aquí tenemos “mucho mar”. “Mucho mar” quiere decir que cuando hay temporal, viajar en barco no es algo fácil ni especialmente seguro, y esta es una condición que no se da sólo una vez al año.
Por lo tanto, antes de la construcción de los cerca de 2 kilómetros que unen la isla con el resto de Galicia, a las mujeres que podían estar cerca de dar a luz (a término), se las traían a Pontevedra en barca antes de que llegase el temporal.
Aquí, en el Hospital Provincial, pasaban días y días, varias veces al año, aún no estando de parto, porque, si habitualmente no era un viaje llevadero, estando de parto, la travesía en barco podía ser, cuanto menos, peligrosa.
La matrona me ha contado que eran días muy amenos, ya que todas se conocían, y hacían una buena comunidad dentro de los pasillos de los hospitales, hablando y comentando sus vivencias como futuras mamás.
Cuando el temporal pasaba, si no se habían puesto de parto, volvían a casa a esperar la llegada de las contracciones.
¿Acaso no es una historia genial?
Hoxe apetéceme contarvos unha historia que me contou a matrona ca que estou aprendendo estas semanas no centro de saúde que me encantou.
Esta matrona leva moitos anos no exercicio da súa profesión, polo que viveu moitísimos cambios e non só me está formando, senón que me conta un montón de anécdotas e historias, algunhas moi curiosas, como esta que quero compartir con vós.
Nunca se me ocurrira pensar no que pasaba coas mulleres que vivían en illas e se quedaban embarazadas!
Pois resulta que en Galicia, polas particularidades da nosa xeografía, algo tiñamos que facer naquela época na que as comunicacións non eran tan doadas.
A Illa de Arousa, cos seus 36 kms de costa, situada na provincia de Pontevedra, ata o ano 1985 non estaba unida á Península Ibérica, polo que os viaxes realizábanse en barco.
Os galegos saberano, e ós de fóra vóullelo contar: aquí temos moito mar. Moito mar quere dicir que cando hai temporal, viaxar en barco non é algo doado nin especialmente seguro, e non é unha condición que só se de por aquí unha vez ó ano.
Polo tanto, antes da construcción dos preto de dous kilómetros que unen a illa co resto de Galicia, as mulleres que podían estar preto de dar a luz (a término), eran traidas a Pontevedra en barca antes de que chegara o temporal.
Aquí, no Hospital Provincial, pasaban días e días, varias veces ó ano, aínda non estando de parto, porque, se xa habitualmente non era unha viaxe doada, estando de parto, a travesía en barco con temporal podía ser, canto menos, perigosa.
A matrona contoume que eran días moi amenos, xa que entre elas coñecíanse todas, e facían unha boa comunidade dentro dos pasillos dos hospitais falando e comentando as súas vivencias como futuras mamás.
Cando o temporal pasaba, se non se puxeran de parto, voltaban á casa a esperar as contraccións.
Non vos parece unha historia xenial?