Acerca de

(Si no entiendes gallego, más abajo tienes un botón para traducir/ If you don’t understand galician language, you can translate this message below/ Si no entens el gallec, més avall, pots traduir/ Galiziera ulertzen ez baduzu, beherago itzul dezakezu) 

Eu son Lidia.

Gústame camiñar polos pasillos dos hospitais vestida normalmente de verde e acostúmo a encherme de sangue en cada garda. Pero a diferenza do resto do hospital, eu estou nun lugar máxico, no que o sangue significa vida.

Ese lugar chámase paritorio, nel aprendo a acompañar ás mulleres nos nacementos dos seus fillos e fillas. Para min cada nacemento é único, e disfruto acompañando a cada unha das mulleres que me permiten ser partícipe de algo tan marabilloso como é a chegada dunha nova vida ó mundo.

Cada día aprendo cousas novas, aprendo e reflexiono. E iso é o que veño a contar aquí.

Algunhas reflexións, principalmente, e un pouquiño de información para as mamás e futuras mamás que se animen a lerme. 22519987_10155590545142850_6513322082091615415_o

Nota: aínda que a meirande parte do blogue a escribo en galego, e trato de facelo o mellor que sei, cometo moitos erros na escrita. Toda axuda para melloralo é benvida.