Hoxe moitas de vós vades a ter que lidiar con esta frase, e aínda que ninguén vola dirá malintencionadamente, debemos ter moito ollo có que tomamos en determinados momentos das nosas vidas, como son o embarazo ou a lactancia.
Embarazo
Non existe unha cantidade segura. Non me gusta ser tajante e creo que a inmensa maioría de recomendacións que damos ten certo matiz, pero moito se debería investigar para que deixaramos de dar esta recomendación.
Rebuscando na evidencia podemos atopar máis de 4000 artigos que nos falan dos efectos nocivos do alcohol durante o embarazo, e temos incluso un termo para describir todos os problemas que se relacionan coa exposición ó alcohol antes do nacemento, os trastornos do espectro alcohólico fetal.
Poderíamos pensar que “por unha copa non pasa nada” pero literalmente, o problema é que todo pasa.
Todo o alcohol que pasou ó sangue da nai, pasará tamén ó torrente sanguíneo do feto, que ademáis pola súa inmadurez non pode metabolizalo de forma axeitada, é máis pequeno e está en formación.
Son reticente a pensar que un único e moderado consumo de alcohol poida causar defectos graves no feto, pero co mesmo planteamento que faríamos ó darlle a un recién nacido esa mesma cantidade de alcohol por boca (a ninguén se lle ocurre darlle un chupito de licor café a un bebé), considero importante previr e evitar a exposición innecesaria a tóxicos nun ser tan vulnerable e en desarrollo.
Lactancia
Aquí atopamos moita máis laxitude.
Sorprendeme que os prospectos dos medicamentos inclúen nun mesmo apartado a mulleres que dan o peito e mulleres embarazadas, cando a diferencia é abismal, aínda que entendo que é porque con ambos grupos é dificil realizar estudos e que ninguén quere “mollarse”.
A realidade é que unha muller embarazada comparte o sangue co seu feto a través da placenta, pero unha muller que da o peito, ‘só’ comparte o leite, onde si poden aparecer diversas substancias (como os metabolitos dos medicamentos ou neste caso, do alcohol), pero nunha concentración moitísimo menor á concentración sanguínea. E así mesmo, o recién nacido, non pasa ese leite directamente ó seu torrente sanguíneo, senon que precisa de todo o proceso da dixestión antes de incorporar todos os nutrintes á súa circulación.
Se queremos tomar unha cervexa ou unha copa durante a lactancia debemos ter unhas medidas de seguridade mínimas. Na páxina web de www.e-lactancia.org indícannos que o consumo debe ser de baixo a moderado e que o peso da nai inflúe: canto menos pese, máis tempo debe esperar dende o consumo ata poder dar o peito con total seguridade.
Fálanos de esperar unhas dúas horas e media tras tomar un tercio de cerveza de 4,5% (para que vos fagades unha idea, os botellines pequenos de Estrella Galicia son de un tercio e tenen 5,5% de alcohol), un vaso de 120ml de viño 12% ou unha copa de 30-40 ml de licor ó 40-50%.
Tempos orientativos a esperar se pesas 60kg:
-
1 vaso de viño: 2 horas e media .
-
2 tercios de cervexa: 5 horas.
-
3 copas de licor: 7 horas e media.
Outros autores, como o coñecido Carlos González no seu libro “Un regalo para toda la vida” (libro que aproveito para recomendar como regalo para Reis para futuras mamás, prometo que non me levo comisión algunha), afirman que se a nai non percibe o alcohol, e xa deixou de notar os seus efectos, está en condicións de dar o peito xa que as cantidades que hai nese momento no leite serían mínimas.
E aínda que sabemos que o coleito está recomendado por diminuir o “Síndrome de morte súbita do lactante”, debemos recordar que se desaconsella se algún dos pais consumiu alcohol.
Así que hoxe, a pasalo ben, pero con cabeciña!