Enfermaría, hipersexualización e como denigrar unha profesión.

Unha imaxe vale máis que mil palabras, vamos deixar claro sobre que vou escribir hoxe:

Á súa esquerda poden observar un home, enfermeiro. Usa pantalóns, zapatos profesionais e, intencionadamente ou non, cara o seu lado colga un profesional fonendoscopio.

Á súa dereita unha “enfermeira”, con ligas, taconazos, falda corta e por suposto unha boa dose de maquillaxe.

Búsqueda "disfraz enfermeira" en google:

Búsqueda "disfraz enfermeiro" en google:

Resultado de imagen de disfraz enfermero

 

Se ben é certo que non levo demasiados anos no hospital como enfermeira, pasei xa unhas cantas horas pululando polos pasillos como para poder afirmar que xamais, “xamais dos xamases”, vin unha enfermeira con tal indumentaria. É máis, “xamais dos xamases” vin a ninguén no hospital con esas pintas.

Por outra parte, rara vez atopamos diferencia algunha na indumentaria entre enfermeiras, TCAEs, médicas, celadoras,…todas vestimos igual: pantalón, casaca e se temos frío, bata.

Non é máis que unha cuestión de comodidade e hixiene, e se a min me preguntaran, si estaría dacordo en poñer cores diferenciados ós uniformes por unha cuestión de seguridade, pero como iso me daría para outra reflexión, e non me apetece extenderme, vamos deixalo aí.

Homes

Dase a casualidade de que os meus compañeiros, homes, visten igual ca min. A min gústame poñer un gorro de quirófano con cegoñas e bebés e o meu compañeiro creo que leva un de marcianitos, pero é a única diferenza que atopo na nosa indumentaria.

Porén, a ollos do mundo, nós seguimos usando cofia, falda e capa.

O absurdo

Verán deseñadores e deseñadoras de disfraces, se eu acompañase a unha muller no seu parto en falda, tería que sacarme sangue ata do embigo. E non é unha forma de falar.

Se tivese que correr polo pasillo nunha urxencia con eses ligueiros, chegaría a quirófano espida. E moi ó pesar do que poida aparecer nas páxinas porno (temos ata unha categoría propia!), iso tampouco nos vai.

Se levase esos tacóns, tras as miñas 14 horas de xornada laboral, habería que arrastarme ata a casa, ou faría uso do meu papel de residente, quedándome a residir no hospital.

Temos a pel moi fina

¡Queixámonos de vicio! E é que isto pasa con todas as profesións.

Pois non, non pasa con todas as profesións, ou polo menos, pasa máis con unhas que con outras.

É certo que ó colectivo de, por exemplo, os bombeiros, lles pasa algo parecido: hipersexualización. Pero estou case segura de que ningún bombeiro escoitou algo parecido a “total, se só vos ocupades de apagar incendios”. E de ser así, desboto a miña fe na sociedade, ríndome e baixome do mundo.

Pero é que nos meus 4 anos de carreira e pouco más de ano e pico sendo enfermeira, poido contar como innumerables as veces que recibín frases como “total, só pinchas cus” ou “total, só limpas merdas”.

E a min o que me doe non é que me digan que pincho cús ou que limpo merdas. Que eso enorgulleceme sobremaneira (se a xente soupera o difícil que é conseguir que alguén se sinta un pouco menos incómodo cando lle tes que limpar o cu…), a min dóeme o “só”.

Só nos adicamos ó coidado integral do paciente. Só.

E só reclamamos que se nos trate e se nos vexa como profesionais.

Televisión pública e o retrato da enfermaría

Esta semana en TVE (pagada por todos, incluindo por todas as enfemeiras TCAEs, médicas, farmacéuticas,… que esa noite estaban coidando de outros en vez de nas súas casas comendo langostinos), en noiteboa, en hora de máxima audiencia, saiu isto:

Que si o que querían era facer un programa de humor, ben podían sair igual de lixeiros de roupa eles que elas (se é que alguén considera iso como gracioso, que o humor é libre). Pero non. Unha vez máis somos nós as que ensinamos cacho.

Somos un colectivo de 291.848  colexiados, que pagamos rigurosamente as nosas cuotas colexiais, máis de 200 euros ó ano. E que fan quenes deberan ser os nosos defensores por visibilizar a nosa profesión? Menos traxe e máis coraxe!

A enfermaría, evolucionando cada día a un ritmo vertixinoso, habendo adquirido centos de competencias en favor do traballo en equipo e da saúde e seguirdade do paciente, aínda non véndose reflexado nas nosas condicións laborais, xa que priorizamos a evolución profesional sobre estas; segue sendo vista como a rama dócil da sanidade, as seguidoras de instruccións, as mandadas. Catro anos de carreira para seguir instruccións? Dous anos de especialidade só para saber seguir as directrices? Terá algo que ver isto con que históricamente se ligara a profesión á muller?

Pelexamos moito cada día, cun esforzo moi pouco valorado polas institucións, para conseguir ofrecer uns coidados de calidade, como para que se nos siga ninguneando, hipersexualizando e denigrando.

Non estou choriqueando, “só” reclamo a miña dignidade profesional.

Publicado por Lidia Cigüeña

Eu son Lidia. Gústame camiñar polos pasillos dos hospitais vestida normalmente de azul e acostúmo a encherme de sangue en cada garda. Pero a diferenza do resto do hospital, eu estou nun lugar máxico, no que o sangue significa vida. Ese lugar chámase paritorio, nel aprendo a acompañar ás mulleres nos nacementos dos seus fillos e fillas. Para min cada nacemento é único, e disfruto acompañando a cada unha das mulleres que me permiten ser partícipe de algo tan marabilloso como é a chegada dunha nova vida ó mundo. Cada día aprendo cousas novas, aprendo e reflexiono. E iso é o que veño a contar aquí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: