Arranca o traballo de parto

Claves do plan de parto

Agora que xa coñecemos o que é un Plan de Parto, temos que comezar a elaboralo. O Ministerio indícanos que a mellor data para realízalo é entre as semanas 28 e 32, xa que o parto é próximo e axudarános a ir “entrando en situación”.

Debemos recordar que o Plan de Parto é unha guía da muller para os profesionais sobre cómo quere que se desenvolva o seu parto na medida do posible, pero que en todo caso, se pode ir modificando xa sexa porque os desexos da muller cambien como por circunstancias médicas imprevistas (como no caso dunha urxencia vital, tratando de informar á muller en todo momento).

Non permite a elección de prácticas desaconselladas pola evidencia científica, é decir, todo aquelo que xa saibamos que é contraproducente, non podemos ofertárvolo, xa que incurriríamos en mala práxis. Trátase de que as eleccións sexan sempre en base a prácticas seguras.

Cando ir ó hospital?

Esta probablemente é unha pregunta que toda embarazada se fai, cando saberei que estou de parto?

É habitual que as mulleres acudan ó hospital en etapas moi temperás do traballo de parto, e especialmente en primíparas (mulleres para as que é o primeiro parto) a primeira etapa de parto latente ou preparto, pode durar bastantes horas.

O mellor lugar para que o preparto se desenvolva dentro da normalidade é o propio fogar, xa que no hospital hai factores que poden producir máis ansiedade na muller e dificultar o proceso que se está desenvolvendo.

Entramos nun lugar que na mayoría das ocasións descoñecemos, atopámonos con moita xente vestida de branco e azul. Uns cables por aquí e por alá, unha exploración, un termómetro, tensión…facemos un montón de cousas! Porque por suposto, se vides, asegurámonos de que todo esté ben…pero o certo é que nunha muller sana,o lóxico é que isto sexa así.

Diversos estudos compararon os resultados dos partos das mulleres que acudiron ó hospital en fase activa vs fase latente (preparto), e revelaron que as mulleres que acudiron en fase latente tiveron unha fase activa máis lenta, maior uso de oxitocina, maior uso de anestesia epidural, maior número de recén nacidos intubados tras o nacemento, e maior infección posparto.

En resume,a evidencia dinos que a admisión na fase temperá do parto asociase a unha maior duración e a un maior intervencionismo por parte dos profesionais.

As recomendacións actuáis indícannos que unha muller debería ingresar en traballo de parto cando a dinámica uterina é regular (máis ou menos 3 a 4 contracc

ións en 10 minutos, controladas durante 30 minutos), o borramento cervical é de polo menos o 50% (o cérvix está acortado a metade) e a dilatación é de 3-4 cm.

Que quere dicir que son contraccións de preparto?

Que todavía son irregulares, que están preparando ó corpo para o traballo de parto e que todo se está “poñendo en marcha”. Non quere dicir que o parto vaia a ser inminente, nin nós podemos estimar cando comezará o parto propiamente establecido, nin cando vai a nacer o bebé.

A veces estas contraccións comezan e paran ó meterse na bañeira para relaxarse, dannos un descanso, permítennos durmir, e o parto desencadease ó día seguinte.

Outras veces van aumentando a súa frecuencia e regularizanse pouco a pouco ata convertirse en “contraccións de parto”.

‘E se rompe a bolsa amniótica antes de ter contraccións?’

É frecuente que as contraccións non se perciban en etapas temperás do parto, pero “xa van facendo”, polo que cunha destas contraccións a bolsa amniótica que recubría ó bebé, rechea de líquido amniótico, rompe, e comeza a deixar sair o líquido.

O máis habitual é que por ti soa te poñas de parto, polo que dependendo do protocolo hospitalario, se cumpres unha serie de requisitos poderían darche o alta durante unhas horas tras comprobar que tanto o bebé coma ti estades ben. Tras esas horas, se non te puxeche de parto, deberás ingresar no centro para iniciar a profilaxe antibiótica (adminístrase antibiótico á nai para evitar que o bebé, que non ten a protección da súa bolsa que o mantiña estéril, contraia algunha enfermidade infecciosa), e, de novo dependendo do centro, o máis habitual é que tras superar un marxe de horas se induzca o parto (tema do que falarei noutras entradas).

‘Porque sangro?’

O sangrado que non nos debe alertar é un pequeño manchado, que nos indica que o cérvix se está dilatando.

O cuello do útero está borrándose (acortándose) e dilatándose (abrindo) para deixar pasar a cabeciña e o corpo do bebé, e esta zoa está moi vascularizada (presenta moitos vasos sanguíneos na súa superficie), polo que este proceso fai que se sangre un pouquiño.

Un sangrado coma unha regla si debería ser un motivo polo que viñerades a visitarnos. O máis probable é que non sexa nada, pero debemos asegurarnos de que así sexa.

Cando se considera que unha muller está de parto?

O principal consenso consiste en indicar que estamos ante un traballo de parto se hai entre 3 e 4 contraccións en 10 minutos, cunha intensidade similar, a dilatación é de 3 cm, o cuello do útero está borrado (finiño), centrado (posicionase dende atrás hacia diante) e brando (consistencia branda que permite a dilatación).

Pero isto non quere dicir que xusto nese preciso instante que a muller pasa a estar de 2 cm a 3 cm algo transcendental pase no seu corpo, simplemente trátase dun proceso progresivo no que o corpo da muller se vai adaptando e preparando para a saída do bebé.

‘Entón que fago se comezo con contraccións irregulares, a bolsa está íntegra, o meu embarazo tivo un desenvolvemento normal e me atopo ben?’

Tratar de descansar se che apetece descansar, e moverte se prefires moverte. O movemento facilita que o bebé se encaixe correctamente na pelvis materna, e habitualmente axuda a tolerar mellor as contraccións.

Pero se o teu corpo che pide que descanses, é posible que encher a bañeira con auga quente e sumerxirte nela che axude a aliviar a dor. O auga quente axuda a que se relaxen os músculos e é posible que a intensidade das contraccións diminúa, permitíndoche incluso durmir unhas horas.

Podes comer e beber se tes fame ou sede.

‘Creo que xa estou de parto, quero ir para o hospital’

Se crees que o momento do parto se acerca, sempre podes vir para que che indiquemos un pouquiño en que etapa nos parece que te atopas, e decidiremos se debes quedar con nós ou se ainda poderías esperar unhas horas a vir se ti así o decides.

E se é o momento de quedarte, poderás facelo acompañada. Ista é unha das primeiras preguntas que se fan no Plan de parto, e é moi importante, porque esa persoa que te acompañe terá o único privilexio de estar ó teu lado nun día moi especial.

Esta persoa debe ser alguén que aporte tranquilidade, e sería convinte que tamén sepa que esperar do parto ou como poderá axudar.

Outra das preguntas que nos fai o Plan de parto é a relativa a creencias, relixión, idioma ou calquera outra circunstancia que nos queiras transmitir.

Tamén se da a opción de traer a roupa que queirades, aínda que o habitual é que a muller empregue a roupa hospitalaria, se por calquera motivo desexades empregar a vosa vestimenta, podedes facelo.

Que pasa co persoal en formación?

A maioría dos hospitais do territorio nacional son universitarios, polo que é moi normal ver a grupos de estudantes ou a profesionais moi novos en formación e a algunhas persoas pode resultárlles incómodo.

Antes de nada, quero explicarvos un pouquiño que diferenza hay entre estudantes e residentes:

  • Os estudantes de enfermaría, medicina, TCAE,… son alumnos da universidade que están a realizar prácticas relativas ós seus estudos, sempre supervisados de forma directa.
  • Os residentes de enfermaría, medicina, farmacia, psicoloxía,… son graduados que unha vez finalizada a súa carreira fixeron un exame para acceder durante uns anos  (dependendo da especialidades poden ser 2, 3, 4 e 5 anos) a un plan de especialización, son traballadores do hospital, pero tamén son supervisados por especialistas, ainda que non sempre de forma directa, xa que van adquirindo competencias progresivamente.

Se te incomoda que haxa persoal en formación na túa atención, sempre podes solicitar que non estemos presentes. Darános moita pena non poder acompañarte, pero eres libre de escoller como vivir o teu parto.

 

 

 

 

Publicado por Lidia Cigüeña

Eu son Lidia. Gústame camiñar polos pasillos dos hospitais vestida normalmente de azul e acostúmo a encherme de sangue en cada garda. Pero a diferenza do resto do hospital, eu estou nun lugar máxico, no que o sangue significa vida. Ese lugar chámase paritorio, nel aprendo a acompañar ás mulleres nos nacementos dos seus fillos e fillas. Para min cada nacemento é único, e disfruto acompañando a cada unha das mulleres que me permiten ser partícipe de algo tan marabilloso como é a chegada dunha nova vida ó mundo. Cada día aprendo cousas novas, aprendo e reflexiono. E iso é o que veño a contar aquí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: