O plan de parto e nacemento

Reelaborado en 2017, o ‘Plan de parto e nacemento’ é o documento a través do cal as mulleres nos manifestan os seus desexos, necesidades, preferencias e expectativas en relación ó nacemento dos seus bebés ós profesionais que as acompañaremos durante o seu traballo de parto

Nel descríbense as diferentes eleccións que a muller pode facer con respecto ó proceso do parto e explícase brevemente a evidencia que existe sobre cada punto.

Foi elaborado por profesionais do SERGAS baseándose no propio do MSSI, e aínda que non substitúe á información que poidan proporcionar os profesionais durante a súa atención, si é unha boa maneira de comezar a reflexionar sobre qué vai a pasar nese día tan importante no que lle daremos a benvida a unha nova persoa.plan de parto

Estar informada é ter máis poder de decisión sobre o teu parto! É importante que todas as mulleres entendan que o parto é seu, que son as principais protagonistas, e que está na súa man a meirande parte da evolución do mesmo.

Ó longo das próximas entradas iréivos achegando este documento, xa que me parece unha boa forma de falar de moitas cuestións que algunhas de vós me preguntáchedes a nivel individual, como os enemas, a episiotomía, e en xeral, sobre que é iso dun traballo de parto.

Podedes ir botándolle un ollo na propia páxina do Sergas!

Publicado por Lidia Cigüeña

Eu son Lidia. Gústame camiñar polos pasillos dos hospitais vestida normalmente de azul e acostúmo a encherme de sangue en cada garda. Pero a diferenza do resto do hospital, eu estou nun lugar máxico, no que o sangue significa vida. Ese lugar chámase paritorio, nel aprendo a acompañar ás mulleres nos nacementos dos seus fillos e fillas. Para min cada nacemento é único, e disfruto acompañando a cada unha das mulleres que me permiten ser partícipe de algo tan marabilloso como é a chegada dunha nova vida ó mundo. Cada día aprendo cousas novas, aprendo e reflexiono. E iso é o que veño a contar aquí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: