A epidural e as tatuaxes lumbares

Durante anos se nos viña contando a todas que iso de facer unha tatuaxe na parte baixa da espalda, ou zoa lumbar, nos podería limitar á hora de precisar anestesia epidural ou raquídea, xa fora para o parto ou para outras intervencións.

Hoxe vouvos contar un pouco do que sabemos actualmente sobre ese tema, aproveitando que esta mesma semana tiven un caso.

Como saberedes, a epidural é unha das técnicas analxésicas farmacolóxicas máis empregadas no noso medio para o alivio da dor tan habitual nos partos, e falar dela requerirame máis dunha entrada, polo que hoxe vamos a limitarnos a solventar a duda de “poido poñer a epidural se teño unha tatuaxe na zoa lumbar?

A resposta é si. 

O motivo polo que hai anos se rexeitaba de forma automática ás mulleres con tatuaxes nesa zoa ten que ver con que se demostrou que, ó puncionar, podemos arrastrar parte da tinta cara partes máis profundas, descoñecendo os riscos que isto podería producir, xa que non existen estudos cos que “sentar bases” ó respecto.  Este risco daríase non só cunha punción destas características, se non que é posible que os potenciais riscos fosen os mesmos para unha punción pola inserción dunha vía venosa se hai unha tatuaxe enriba, ou se hai que poñer unha vacuna nunha zoa tatuada.

Pero a inmensa maioría das tatuaxes non son imaxes sólidas, o máis habitual é que haxa certas zoas libres de tinta, e aí reside a “clave” do si. Rara vez non se podería atopar unha zoa libre de tinta para puncionar.

¿E se é así? ¿E se a miña tatuaxe ocupa toda a zoa lumbar con tinta? Nese caso, non temos aínda que tirar a toalla, aínda temos unha segunda opción: tras administrar a anestesia local (que se pon sempre antes de inserir o catéter) poderíase facer unha incisión con bisturí, de forma que accedamos ó texido subcutáneo, onde xa non haxa tinta que poida ser arrastrada a planos máis profundos, para posteriormente inserir o catéter a este nivel.
Deixovos a imaxe tomada na sala de epidurais, sempre co permiso tanto da muller coma do anestesista que estaba a realizar a técnica. Entre todos, queremos achegarvos un pouquiño do que facemos!Epiduraltatuaxe.jpg

Bibliografía

Zipori Y, Jakobi P, Solt I, Abecassis P. The need for an epidural “window of opportunity” in pregnant women with a lumbar tattoo. Int J Obstet Anesth. 2017 Sep 21. pii: S0959-289X(17)30230-3. doi: 10.1016/j.ijoa.2017.09.002. [Epub ahead of print] Review. PubMed PMID: 29146017.
Welliver D, Welliver M, Carroll T, James P. Lumbar epidural catheter placement in the presence of low back tattoos: a review of the safety concerns. AANA J. 2010 Jun;78(3):197-201. Review. PubMed PMID: 20572405.
Raynaud L, Mercier FJ, Auroy Y, Benhamou D; SOS ALR.. [Epidural anaesthesia and lumbar tattoo: what to do?]. Ann Fr Anesth Reanim. 2006 Jan;25(1):71-3. Epub 2005 Dec 28. French. PubMed PMID: 16386402
Douglas MJ, Swenerton JE. Epidural anesthesia in three parturients with lumbar tattoos: a review of possible implications. Can J Anaesth. 2002 Dec;49(10):1057-60. PubMed PMID: 12477678.

 

 

Publicado por Lidia Cigüeña

Eu son Lidia. Gústame camiñar polos pasillos dos hospitais vestida normalmente de azul e acostúmo a encherme de sangue en cada garda. Pero a diferenza do resto do hospital, eu estou nun lugar máxico, no que o sangue significa vida. Ese lugar chámase paritorio, nel aprendo a acompañar ás mulleres nos nacementos dos seus fillos e fillas. Para min cada nacemento é único, e disfruto acompañando a cada unha das mulleres que me permiten ser partícipe de algo tan marabilloso como é a chegada dunha nova vida ó mundo. Cada día aprendo cousas novas, aprendo e reflexiono. E iso é o que veño a contar aquí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: