Empecei a residencia alá por maio, e outra das cousas que máis me sorprende a día de hoxe é a cantidade de mulleres que responden “Si, si poido quería” á pregunta de “Vas dar o peito?”.
Eu ao principio asustábame, claro, non coñecía ningún monstruo que viñera quitarlles o leite ás mamás das tetiñas, nin nunca estudara ningunha alerta de saúde a nivel mundial que me falara de que as mulleres se estaban quedando sin leite. Vaia faena! Menos mal que as mulleres se quedaran sen leite agora, pensaba eu, que xa temos leite artificial, para que as nosas crías sobrevivan, se chega a ser fai uns anos houbéramonos extinguido!
E claro, eu seguín cas miñas indagacións sobre as mulleres que só daban o peito si podían. E seguín preguntando, porque dí meu avó que se preguntas quedas de parva unha vez, pero se non, quedas de parva toda a vida. E preguntaba e preguntaba…e resulta que non había tal monstruo. Nin ningunha alerta mundial sobre hipogalactia… E entón seguín preguntando e preguntado para chegar a algunhas conclusións:
Resulta que as mulleres, hoxe en día, tenen o leite aguado. Tamén hai outras que é que lles pasan os gases polo leite ós seus bebés, e iso, e tremendamente malo. Outras mamás simplemente é que non tenen leite, que xa súas nais non tiñan e moito choraban porque se sentían fatal criándoas porque ben as vían, que non engordaban ben, xa llo dicía todo o mundo.
Algunhas mamás é que tenen os pezóns que non valen para mamar. E outras tenen moi pouco peito, entón non lles chega ós seus bebés. Outras mentres tanto tenen demasiado, entón é demasiado graso, e ós seus bebés non lles gusta.
Atopei tantas e tantas mamás que tiñan algún defecto, que estiven a piques de escribirlle á OMS. Cómo era posible que estivese a pasar algo tan tan grave e ninguén tomase medidas? Acabo de acabar a carreira e a min ninguén me falou desta amenaza da hipogalactia!
Pero recapacitei…e antes de escribirlle a ninguén seguín pensando… que cousa máis rara que só as tetas veñan mal agora de fábrica…
Pregúntome que pensaría unha adolescente si lle preguntase se vai a ser capaz de menstruar. Ou a un adulto que leva tempo feliz, se sería capaz de chorar. A ver se ten lagrimais ou non. Porque pode non telos. Terei que ter coidado agora se lle pido a alguén a hora por se non ten brazo onde levar o reloxo. Porque pode non telo.
Non sei, eu empezo a pensar que isto de que as mulleres non teñan leite igual ten que ver co tema de que as mulleres somos un pouco defectuosas. Sempre o fumos.
Tes olleiras, maquíllate. Tes pelo nas axilas, depílate. Tes estrías, cúbreas. Tes peitos, suxetaos. Tes barriga, ponte a dieta. Tes pouca altura, pon tacóns. Tes a cintura ancha, encorsétate. Tes un mal día, sorríe.
Con todos istos requerimentos, o raro sería, que tendo dúas tetas, puideramos dar leite así, sen máis. Sen ningún produto! Ala! Como se fose o natural! Como se fose o máis normal do mundo vaia! Que unha muller amamante!
Que non nos quiten ningún dereito máis. Que este, tamén é noso.
Gracias á marabillosa mamá que me permiteu acompañala no seu parto e compartir con vós esta preciosa fotografía sobre a lactancia.