¿Podo amamantar se teño ou tiven un pendiente na mamila?

A miña resposta breve é si.

Mama, Mujer, Pezón, Hembra, Feminidad, Belleza, Desnudo
Mamilas femininas. Imaxe de Pixabay de uso libre.

Pero se o que buscas é unha explicación un pouco máis pormenorizada, segue lendo:

Se tes, na actualidade, o piercing, é importante que non o uses cando vaias aleitar, polo risco de que o bebé o trague.

Quitalo e poñelo cada vez pode ser engorroso, e xera un risco de infección importante, polo que o máis recomendable sería retiralo ata que finalices a túa lactancia.

Por outra banda, se dás o peito bastante tempo, é probable que os buracos se pechen e, se logo queres volver poñelo, teñas que volver abrilo. Os prazos son moi variables, pero, en ocasións en menos de dous meses os buracos xa reduciron significativamente o seu tamaño e non cabe un pendente. O risco é maior canto menos tempo teña o teu “piercing”.

Se che preocupa moito que se peche, existen uns pendentes especiais, chamados “retenedores” que poden mancarte menos e son máis fáciles de poñer e quitar. Valora esta opción se desexas dar o peito, pero non queres que o teu piercing se peche. Pero OLLO: Habería que retiralos igualmente para dar de mamar por seguridade.

Pendente retenedor, da web Crazy Factory

Pode ser que por eses buracos salga máis leite e ao bebé lle custe máis xestionar o leite que sae. Isto sucede especialmente con pendentes feitos hai pouco tempo. Un piercing na mamila pode tardar ata 18 ou 24 meses en curarse. Por iso, se vas a buscar un embarazo axiña, pode que che conveña máis esperar a pasar a lactancia para colocalo.

Con todo, poida que pase todo o contrario, e nesa zona se forme unha cicatriz, se o quitaches hai tempo, ou se o retiraches e volviches abrir varias veces, pola que non flúa leite.

Así mesmo, se diminuíu a túa sensibilidade, poida que che dificulte o detectar problemas de agarre do teu bebé.

Por suposto, sempre que vaias facer unha modificación corporal, de calquera tipo, acode a profesionais autorizados, que garden estritas medidas de hixiene. En caso contrario existe un gran risco de contraer infeccións como hepatite, VIH, ou, sinxelamente unha infección local que che de a lata. Lembra aplicar os coidados prescritos (que basicamente implican manter limpa a zona e non tocar moito).

Un artigo publicado por Garbin CP en 2009 suxería, tras un estudo observacional con 3 mulleres, que a existencia do piercing podía dar lugar a unha diminución na cantidade de leite exectada. Os autores suxiren que, en tanto a que o leite se produce en función do leite que sae (é dicir, en función do que mame o bebé ou saquemos manualmente/con sacaleites), pode ser máis difícil que o leite salga pola existencia do dano na mamila, ou alteracións a nivel nervioso, reducindo así a cantidade de alimento. Con todo, a metodoloxía que explican é un pouco cuestionable, e a mostra bastante pequena, polo que non nos serve de moito.

En xeral, se che preocupa que pode pasar co teu caso particular, o ideal é unha valoración individualizada por unha profesional e non dar por sentado que por ter un pendente vas ter máis ou menos problemas que calquera outra muller…e logo xa iremos vendo!

Bibliografía:

Martin J. Is Nipple Piercing Compatible with breastfeeding? J Hum Lac [Internet] 2004 [consultado 04 Agosto 2020]; 20 (3): 319-321. Dispoñible en: https:// doi. org/10.1177/0890334404266876


Garbin CP, Deacon JP, Rowan MK, et ao. Association of Nipple Piercing With Abnormal Milk Production and Breastfeeding [internet] 2009 [consultado 04 Agosto 2020]. JAMA 301(24):2550–2551. Dispoñible en: https:// doi. org/10.1001/ jama.2009.877

Publicado por Lidia Cigüeña

Eu son Lidia. Gústame camiñar polos pasillos dos hospitais vestida normalmente de azul e acostúmo a encherme de sangue en cada garda. Pero a diferenza do resto do hospital, eu estou nun lugar máxico, no que o sangue significa vida. Ese lugar chámase paritorio, nel aprendo a acompañar ás mulleres nos nacementos dos seus fillos e fillas. Para min cada nacemento é único, e disfruto acompañando a cada unha das mulleres que me permiten ser partícipe de algo tan marabilloso como é a chegada dunha nova vida ó mundo. Cada día aprendo cousas novas, aprendo e reflexiono. E iso é o que veño a contar aquí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: