Toda profesión que fora ligada históricamente á muller é minimizada, infravalorada.
O criar, educar, e coidar á prole foi unha actividade desenvolvida maioritariamente por mulleres ,dende sempre, en máis do 95% das culturas descritas ata agora, e supón o 50% de todo o que tiñamos que facer para subsistir como especie.
- Por un lado, debemos xerar alimentos e protección, o que no mundo contemporáneo se traduce en xerar cartos para mercalos, ademáis de cobixo, abrigo,…
- Por outro lado debemos procurar que haxa quen prosiga co noso cometido, se reproduza e continúe o ciclo da vida.
Pero ese 50% segundo non vale nada. Ou cómo mínimo, no mellor dos casos, menos.
Sen nós a sociedade non houbera persistido, as mulleres sacaron adiante ás próximas xeracións, coidaron dos feridos e dos anciáns durante toda a nosa existencia como especie.
Fai moi pouco -e grazas a indomables e valentes loitadoras- podemos decidir; ou polo menos, niso estamos.
Decidir sobre que queremos facer cas nosas vidas, se queremos ocuparnos da “producción” de productos, porque non nos da a gana de ter que criar ou ter ás nosas crías, que é igual de lexítimo, ou se queremos ocuparnos da “producción” da próxima xeración.
Ou se queremos compartir ambas tarefas con outra persoa.
Se pensásemos só en números (algo que para min é un enorme erro, pero así temos montado o mundo, e eu non son allea a esa realidade),…canto vale a vida dun novo meniño? Canto vale educalo? Canto vale alimentalo co teu corpo, co teu esforzo? O feito de que siga vivo porque haxa quen o coide cando ten fiebre? O feito de que lle ensinen que mancar a outros non está ben? Que hai que querer e respectar? Que hai que ser responsable dos propios actos? Canto vale gardalo coma un tesouro 9 meses? Canto vale protexelo, coma a maior das fortunas, durante unha vida?
Pode que poidésemos cuantificalo como o que ese futuro adulto producirá. O seu potencial. O seu potencial productivo. Pero a min os números dánseme fatal, e ademáis iso deixollo a quen se lle den mellor ca min, e sobre todo, a quen lle importen máis.
Pero á muller que libremente escolleu a valiosa e dura vida de adicarse en exclusiva ós seus fillos, díselle que non traballa.
24 horas ó día.
365 días ó ano.
Con cada choro, con cada pataleta.
Con cada cueiro e con todos os mimos.
Con todo o amor, sempre, sen descansos.
Porque a crianza non entende de vacacions, nin de dores de cabeza.
Ninguén nos da unha “baixa de nai”.
A crianza só entende das necesidades dos que te necesitan.
Noraboa a todas as nais tan valentes coma ti, que me lees, que son tan tan vagas, que non tenen un só día libre ó ano.
Creédevolo máis.
O que facedes, non ten prezo.