O perdón das mulleres

Veño observando dende que estou no paritorio, un sitio no que entro en contacto con como mínimo 3 ou 4 mulleres embarazadas ó día, máis con todas aquelas enormes compañeiras, dende matronas, xinecólogas, celadoras, auxiliares, limpiadoras,…a meirande (meirandísima) parte, mulleres, algo que quero compartir. Tamén teño grandísimos compañeiros que son homes, por suposto. Pero hoxe quero falar das mulleres. Quero escribir sobre o perdón das mulleres.

As mulleres, ese ser marabilloso que durante unhas 37 semanas prestou o seu corpo a unha nova persoa, para que se puidese convertir en tal. Que ven coas pernas moitas veces hinchadas, edematosas, á que lle costa camiñar. Que estivo durante 12 semanas con vómitos cada mañá, se limpaba a cara, e se ía traballar. Que tomaba rigurosamente as súas vitaminas, que non tomaba nin unha caña a pesar do moito que lle apetecía, que se cansou de repetir “por favor, non fumedes aquí, que lle fai mal ó neno”. Que estaba 10 horas na barra do bar con camisetas holgadas e a espalda cargada. Que estaba tecleando en frente do ordenador e pensando nos números para mercar os pañales…
Esa muller, chega o día do seu parto, e ten dor. Porque en moitísimas ocasións o parto implica ter dor. Forma parte do proceso natural de dar a luz. E esa muller, aprétache a man. E resopla. E a veces berra.
E cando berra, pídeche perdón por berrar; e cando se lle durmen as pernas pola epidural, e hai que axudarlle a movelas, pídeche perdón por facerche “traballar”; e pídeche perdón cando se lle escapa un pouco de pis; e pídeche perdón cando lle tes que ir a axustar moitas veces o monitor porque o bebé se está movendo.

E píde perdón unha vez. E un cento delas. Sen darse conta de que está a facer unha das cousas máis impresionantes que podemos facer e que que a veces berre, resople, ou se lle escape un pouco de pis é normal.

¿Cando se nos inculcou que tiñamos sentirnos culpables por ser humanos e ter respostas humanas?

Vós pedídesnos perdón; e eu douvos as gracias por deixarnos estar presentes nesa obra de arte da que sodes as artistas.

Mulleres do mundo, persoas do mundo, sodes espectaculares.

Publicado por Lidia Cigüeña

Eu son Lidia. Gústame camiñar polos pasillos dos hospitais vestida normalmente de azul e acostúmo a encherme de sangue en cada garda. Pero a diferenza do resto do hospital, eu estou nun lugar máxico, no que o sangue significa vida. Ese lugar chámase paritorio, nel aprendo a acompañar ás mulleres nos nacementos dos seus fillos e fillas. Para min cada nacemento é único, e disfruto acompañando a cada unha das mulleres que me permiten ser partícipe de algo tan marabilloso como é a chegada dunha nova vida ó mundo. Cada día aprendo cousas novas, aprendo e reflexiono. E iso é o que veño a contar aquí.

4 pensamentos sobre “O perdón das mulleres

  1. Encántame este post e paréceme necesario… e necesarias profesionais que transmitan esto. Eu creo ademais que con máis autoconfianza e máis empoderamento, chámalle X, aínda habíamos “parir mellor”… Gracias por escribir posts como este! 🙂

    Liked by 1 person

  2. Emoción a tope!!!Non te coñecía Lidia pero xa non marcho!!Din a luz no materno da Coruña fai mes e medio ó segundo fillo…Xusto o que ti dis,por respeto á traballadora dixen perdón algunha vez pero sobretodo díxeno cando tan poderosa e vulnerable me sentía que ter un descoñecid@ empátic@ vale todos os perdons!!!
    Graciñas polo que me toca ❤

    Gústame

Deixar un comentario